Hai varias ferramentas para facer murais (ou posters) multimedia en internet. Neses murais podemos poñer texto e fotos, coma nos que poñemos na parede, pero tamén enlaces, vídeos, música... En próximas datas falaremos de Glogster, a web máis coñecida para facelos, pero hoxe queremos falar do que nos parece o máis completo e máis fácil de todos: webdoc.
A mellor introducción é ver un exemplo que ten un pouco de todo para que vexades as opcións que ofrece. Facendo clic nos elementos podemos ver o vídeo, navegar na web da Xunta, ver o collage de fotos, escoitar unha canción...
Como veredes, é unha gran ferramenta para ir metendo cousas que atopamos por internet e/ou subir os nosos propios contidos. E para que? Pois para darlle información ó alumnado (en vez dunha fotocopia), poñerlles traballo individual/en grupo (o feito de que se poidan facer comentarios sobre o mural ou compartilo cun grupo limitado de persoas facilita a labor), facer presentacións, ou para que eles fagan traballos un pouquiño máis interesantes que as clásicas presentacións de diapositivas.
O uso é moi sinxelo e en seguida estaremos creando murais moito máis bonitos e interesantes que o de exemplo :-) e, ademais, moi rápido.
As únicas desventaxas que ten con respecto a Glogster é que Webdoc non ten unha galería de debuxos para adornar o noso mural coma ten o outro, nin é posible editar un mural unha vez publicado, pero esperemos que sigan mellorándo, xa que polo momento está en fase de probas (beta). Por outra banda, e ó seu favor, si permite escribir caracteres acentuados (mentras que Glogster non).
Tedes aquí un pequeno titorial en vídeo, pero de verdade que vos aconsellamos que abrades unha conta e empecedes a fuchicar.
No hay comentarios:
Publicar un comentario