O blogue da biblioteca do CPI da Ribeira

Popplet: presentacións online

Hoxe presentamos unha das moitas ferramentas dixitais que poden axudarnos nas nosas clases, especialmente nos grupos Abalar (pero non só): a ferramenta de presentacións Popplet. É parecida a Prezi pero máis sinxela e menos confusa. Sirve para crear unha especie de diapositivas, tipo Powerpoint, incluindo nelas texto, fotos, vídeos, enlaces... pero ademais pódese facer entre varias persoas, polo que nos parece ideal para clase. Tamén se pode usar como taboleiro virtual de notas multimedia (como no exemplo embaixo).
Os murais poden inserirse nun blogue, podemos dar o seu enlace ou podemos gardalos coma PDF ou JPG. 
Aínda está en probas, e podería ser mellor, pero polo momento pinta moi ben e seica teñen pensado facer unha versión para profes. Hai que rexistrarse na súa web, pero para facelo non fai falla máis que un enderezo de correo (que pode ser inventado). Velaiquí un exemplo que fixemos para probar:



E aquí o enlace para velo nunha ventana aparte.


Un problema que lle vemos ó programa (polo momento) é que non hai xeito de darlle a alguén un enlace para o modo de presentación: só se ve (coma no exemplo que tedes arriba) o mural completo pero non avanza só nin coas flechas nin con nada (iso só podemos facelo nós como creadores da presentación). Por outra banda, unha vez que estamos no modo presentación necesitamos o teclado para avanzar de diapositiva en diapositiva (que é máis incómodo de usar nos encerados dixitais). E outro "problema" é que está en inglés ;-)

Seguiremos informando sobre novas ferramentas!

No hay comentarios:

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...