profes que len

O blogue da biblioteca do CPI da Ribeira

Formación para docentes

    Dentro das actividades que se están a celebrar no SALÓN DO LIBRO INFANTIL E XUVENIL, no Pazo da Cultura de Pontevedra, están programados uns cursos de formación para docentes que podedes consultar, se son do voso interese,  na seguinte imaxe.

 

Ademáis podedes consultar o programa completo de actividades premendo na seguinte imaxe.

https://drive.google.com/file/d/0B-bda1xRnuSAXzBkTnBFMFZfYUE/view?usp=sharing




Recompilación de recursos para a paz

https://sites.google.com/site/recursospazceipvictorsaenz/    Por si pode axudar para a realización de actividades de cara á celebración do Día da Paz que se celebrará o vindeiro día 30 de xaneiro, aquí vos deixamos o seguinte enlace:

https://sites.google.com/site/recursospazceipvictorsaenz/

Ciencia en galego nas bibliotecas

https://www.edu.xunta.es/biblioteca/ciencia/index.php

  Para apoiar a conmemoración do mes de novenbro como MES DA CIENCIA EN GALEGO NAS BIBLIOTECAS, dende a Asesoría de Bibliotecas Escolares mantense un portal cunha selección de materiais relacionados coa ciencia en galego.

  Recompilación de materiais de ciencia en galego

 

Xa que estamos a rematar o curso, non estaría de máis botar unha ollada a esta páxina para ver o que outros compañeiros doutros centros traballaron arredor da figura de Manuel María.
Facede clic na imaxe para ir ao Portal da Lingua Galega da Xunta de Galicia.

http://www.lingua.gal/letras-galegas/contido_0054/2016-manuel-maria

Nova páxina web: Primavera das letras

A Real Academia Galega inicia un proxecto didáctico dirixido aos centros educativos para fomentar a aprendizaxe arredor do Dia das Letras Galegas e a través do uso das novas tecnoloxías.

 "Primavera das letras" pretende axudar ao profesorado ofrecéndolle distintos recursos didácticos cun enfoque interdisciplinar. Deste xeito poderanse traballar na aula contidos de literatura galega, expresión oral e escrita e aspectos relacionados coas diversas áreas do coñecemento (C. Sociais, C. Naturais, Ed. Artística...)


http://primaveradasletras.gal/
Preme na imaxe

NOVOS RECURSOS MANUEL MARÍA

http://www.casamuseomanuelmaria.gal/recursos/categoriarecurso/outros.htm
Nesta páxina da Casa Museo Manuel María aparecen novos recursos para traballar nas aulas. Animádevos!
Premede na imaxe para acceder.

EDUGAL 2016


Nova edición de EDUGAL, un lugar de encontro entre o alumnado, os profesionais do ensino, os centros de formación e as institucións educativas.

Se vos interesa, a sede está en:
Recinto feiral de Pontevedra
Avda. Alexandre Bóveda s/n
36005 Pontevedra

As datas de celebración:
17, 18 e 19 de febreiro de 2016

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...