Glogster é unha ferramenta que xa leva algún tempo funcionando. Permítenos facer posters ou murais interactivos para colgar en internet. A diferencia dos murais que colgamos nas nosas paredes, nestes podemos introducir tamén audio, vídeo e enlaces www.
Para usalo non precisamos instalar nada no ordenador, pero si darnos de alta na súa web. Hai dous tipos de conta: a normal e a de profes. Se eleximos a de profes poderemos dar de alta ata 200 alumn@s para que el@s tamén podan facer os seus glogsters, pero só na opción de pago. O que diferencia a conta de profe gratuita da normal é que tódolos murais que fagas son privados e ninguén os pode ver se non lles das o enderezo ti. O teu alumnado pode darse de alta en Glogster con calquera das dúas contas, e só precisa un enderezo de correo electrónico.
A pega, en calqueira dos casos, é que Glogster está só en inglés.
Deixámosvos un titorial feito por Marisa de Dios (EOI de Valencia) e os enlaces a Glogster (o normal) e edu.glogster (o de profes):
TRUCO importante: Glogster NON permite escribir caracteres acentuados. Para incluir acentos, tes que escribir o texto fóra de Glogster (en calqueira programa de edición de textos), copialo e pegalo no teu mural Glogster coa fonte Arial.
Se tedes dúbidas, xa sabedes onde estamos!
No hay comentarios:
Publicar un comentario