O blogue da biblioteca do CPI da Ribeira

Popplet: presentacións online

Hoxe presentamos unha das moitas ferramentas dixitais que poden axudarnos nas nosas clases, especialmente nos grupos Abalar (pero non só): a ferramenta de presentacións Popplet. É parecida a Prezi pero máis sinxela e menos confusa. Sirve para crear unha especie de diapositivas, tipo Powerpoint, incluindo nelas texto, fotos, vídeos, enlaces... pero ademais pódese facer entre varias persoas, polo que nos parece ideal para clase. Tamén se pode usar como taboleiro virtual de notas multimedia (como no exemplo embaixo).
Os murais poden inserirse nun blogue, podemos dar o seu enlace ou podemos gardalos coma PDF ou JPG. 
Aínda está en probas, e podería ser mellor, pero polo momento pinta moi ben e seica teñen pensado facer unha versión para profes. Hai que rexistrarse na súa web, pero para facelo non fai falla máis que un enderezo de correo (que pode ser inventado). Velaiquí un exemplo que fixemos para probar:



E aquí o enlace para velo nunha ventana aparte.


Un problema que lle vemos ó programa (polo momento) é que non hai xeito de darlle a alguén un enlace para o modo de presentación: só se ve (coma no exemplo que tedes arriba) o mural completo pero non avanza só nin coas flechas nin con nada (iso só podemos facelo nós como creadores da presentación). Por outra banda, unha vez que estamos no modo presentación necesitamos o teclado para avanzar de diapositiva en diapositiva (que é máis incómodo de usar nos encerados dixitais). E outro "problema" é que está en inglés ;-)

Seguiremos informando sobre novas ferramentas!

Escola sen libros

Concurso de traballos escolares

esdelibro.es convoca un concurso de traballos de investigación para escolares que non pinta nada mal. Deben estar coordinados por profes e hai de prazo ata o 7 de febreiro para inscribirse.
Tedes toda a información na súa web.

Titorial de Glogster: murais online

Glogster é unha ferramenta que xa leva algún tempo funcionando. Permítenos facer posters ou murais interactivos para colgar en internet. A diferencia dos murais que colgamos nas nosas paredes, nestes podemos introducir tamén audio, vídeo e enlaces www.
Para usalo non precisamos instalar nada no ordenador, pero si darnos de alta na súa web. Hai dous tipos de conta: a normal e a de profes. Se eleximos a de profes poderemos dar de alta ata 200 alumn@s para que el@s tamén podan facer os seus glogsters, pero só na opción de pago. O que diferencia a conta de profe gratuita da normal é que tódolos murais que fagas son privados e ninguén os pode ver se non lles das o enderezo ti. O teu alumnado pode darse de alta en Glogster con calquera das dúas contas, e só precisa un enderezo de correo electrónico.
A pega, en calqueira dos casos, é que Glogster está só en inglés.
Deixámosvos un titorial feito por Marisa de Dios (EOI de Valencia) e os enlaces a Glogster (o normal) e edu.glogster (o de profes):



TRUCO importante: Glogster NON permite escribir caracteres acentuados. Para incluir acentos, tes que escribir o texto fóra de Glogster (en calqueira programa de edición de textos), copialo e pegalo no teu mural Glogster coa fonte Arial.
Se tedes dúbidas, xa sabedes onde estamos!

Ferramentas para o profe 2.0

No blogue de Xarxatic atopamos unha listaxe das 10 ferramentas imprescindibles para o docente do presente (segundo o C4LPT) xunto coas súas descricións, manuais, titoriais, etc. Unha entrada moi valiosa para aprender que son e como usalas. As ferramentas son:

  1. Twitter
  2. YouTube
  3. GoogleDocs
  4. Skype
  5. WordPress
  6. Dropbox
  7. Prezi
  8. Moodle
  9. Slideshare
  10. EDU Glogster
Nos próximos días publicaremos unha entrada sobre Glogster e unha introducción a Popplet, asi que estade atentos.
Mentras tanto, recomendamos que leades esa entrada e visitedes tamén un novo enlace do menú lateral: Jaque al profe 1.0, o blogue que todo profe 2.0 debería seguir (e outro día falaremos do profe 3.0, que xa está aquí... seica!).

Webdoc: murais multimedia online

Hai varias ferramentas para facer murais (ou posters) multimedia en internet. Neses murais podemos poñer texto e fotos, coma nos que poñemos na parede, pero tamén enlaces, vídeos, música... En próximas datas falaremos de Glogster, a web máis coñecida para facelos, pero hoxe queremos falar do que nos parece o máis completo e máis fácil de todos: webdoc.

A mellor introducción é ver un exemplo que ten un pouco de todo para que vexades as opcións que ofrece. Facendo clic nos elementos podemos ver o vídeo, navegar na web da Xunta, ver o collage de fotos, escoitar unha canción...




Como veredes, é unha gran ferramenta para ir metendo cousas que atopamos por internet e/ou subir os nosos propios contidos. E para que? Pois para darlle información ó alumnado (en vez dunha fotocopia), poñerlles traballo individual/en grupo (o feito de que se poidan facer comentarios sobre o mural ou compartilo cun grupo limitado de persoas facilita a labor), facer presentacións, ou para que eles fagan traballos un pouquiño máis interesantes que as clásicas presentacións de diapositivas.
O uso é moi sinxelo e en seguida estaremos creando murais moito máis bonitos e interesantes que o de exemplo :-) e, ademais, moi rápido.
As únicas desventaxas que ten con respecto a Glogster é que Webdoc non ten unha galería de debuxos para adornar o noso mural coma ten o outro, nin é posible editar un mural unha vez publicado, pero esperemos que sigan mellorándo, xa que polo momento está en fase de probas (beta). Por outra banda, e ó seu favor, si permite escribir caracteres acentuados (mentras que Glogster non).
Tedes aquí un pequeno titorial en vídeo, pero de verdade que vos aconsellamos que abrades unha conta e empecedes a fuchicar.

Educatube

Engadido un novo enlace ó listado que está na columna da dereita: educatube.es un portal con vídeos educativos de todo tipo e tódalas materias.


Día dos Dereitos Humanos

O 10 de decembro celébrase a aprobación da Declaración universal dos dereitos humanos.
Se queredes traballala na aula, aquí tedes materiais (se non o vedes ben, ide a este enlace):


Día da Constitución

Para traballares ese día na aula, aquí tedes materiais (se non o vedes ben, tédelo aquí):




Un arma cargada de futuro

La poesía en las aulas, un artículo de El tiramilla.

Blogger explicado paso a paso

Moitos de vós xa estades metidos de cheo en Blogger, e outros estades empezando. Para uns e outros, Leer.es ten este blogue, Blogger sin secretos,  no que nos explica tódolos secretos de Blogger e a creación de blogues.
Nos esquezades que xa falamos doutras webs de axuda para blogues fai un tempo.

Traballando a violencia de xénero II

O profe Antón pasounos este enlace que é moi interesante para secundaria. Non deixedes de velo!


Traballando a violencia de xénero



Pensando no 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, a biblioteca do CEIP Víctor Sáenz recopilou unha boa cantidade de recursos para a aula: unidades didácticas, cancións, curtas, pelis... Recomendamos ver o material máis o glogster que fixemos para o blogue da biblioteca.

Recomendamos especialmente estas unidades para primaria e este documental para secundaria

PISA e a comprensión lectora

Para practicar, para probar ou por curiosidade, tedes aquí probas de comprensión lectora de PISA.

Premio nacional de literatura


 Onte venres concedeuse o Premio nacional de literatura infantil y juvenil a Maite Carranza pola súa novela Palabras envenenadas. Tedes un post con máis información na páxina principal do blogue. 


Neste enlace atoparedes actividades para a aula e estratexias de animación á lectura para este libro.

Materiais

Neste enlace, de Leer.es, tedes materiais para traballar a competencia lingüística en tódalos niveis (dende 3 anos) e case tódalas áreas.
Imprescindible!

100 películas sobre educación

Hoxe toca ir ó cine! Na web Humano Digital atopamos unha lista das (supostamente) mellores 100 películas sobre educación (no sentido máis amplio da palabra) seleccionadas polos editores de Decine21. Hai de todo: suspense, humor, discapacidades, clases particulares...
Supoñemos que non hai ninguén aí fóra que as teña visto todas, pero cal é a vosa favorita? Coñecedes algunha que non estea na lista e mereza estar?

1. El club de los poetas muertos
2. Diarios de la calle
3. Rebelión en las aulas
4. Mentes peligrosas
5. Profesor Holland
6. Cadena de favores
7. Música del corazón
8. Esta tierra es mía
9. Los chicos del coro
10. La versión Browning (1951)
11. La versión Browning
12. Billy Elliot (Quiero bailar)
13. Election
14. Adiós, Mr. Chips
15. Adiós, Mr. Chips (1969)
15. Ni uno menos
16. El hombre sin rostro
17. El profesor chiflado
18. Cielo de octubre
19. El rey y yo
20. Ana y el rey
21. Academia Rushmore
22. La calumnia
23. Esos tres
24. Hoy empieza todo
25. El milagro de Anna Sullivan
26. El club de los cinco
27. La lengua de las mariposas
28. Half Nelson
29. Madadayo
30. Elephant
31. Diario de un escándalo
32. Descubriendo a Forrester
33. Educando a Rita
34. El club de los emperadores
35. ¡Esto es ritmo!
36. La sonrisa de Mona Lisa
37. Lecciones inolvidables
38. Tierras de penumbra
39. 187
40. You’re the One (Una historia de entonces)
41. Hijos de un dios menor
42. La soga
43. El sustituto
44. Matilda
45. Una rubia muy legal
46. Oleanna
47. El estudiante novato
48. El colegial
49. Semilla de maldad
50. Forja de hombres
51. La ciudad de los muchachos
52. The Faculty
53. Secuestrando a la señorita Tingle
54. Cero en conducta
55. Los cuatrocientos golpes
56. Ser y tener
57. Herencia del viento
58. El profe
59. El ángel azul
60. Lolita (1962)
61. Un yanqui en Oxford
62. El pequeño salvaje
63. La piel dura
64. Diario de un rebelde
65. La terrible miss Dove
66. Enséñame a querer
67. Semillas de rencor
68. Adiós, muchachos
69. Un lugar en el mundo
70. Pigmalión
71. My Fair Lady
72. Oliver Twist (1948)
73. Oliver!
74. El espíritu de la colmena
75. Un poeta entre reclutas
76. Jóvenes prodigiosos
77. Un puente hacia Terabithia
78. American History X
79. Escuela de rock
80. El camino a casa
81. Nacida ayer (1950)
82. Vidas contadas
83. Las diabólicas
84. Karate Kid
85. Ángeles sin paraíso
86. Bienvenido Mr. Marshall
87.
Sonrisas y lágrimas
88. Una mente maravillosa
89. Harry Potter y la piedra filosofal, y el resto de la saga
90. Vida de un estudiante
91. If…
92.
Mad Hot Ballroom
93. Historias de la radio
94. Marty
95. Había un padre
96. Los primeros amigos
97. Machuca
98. Estación Central de Brasil
99. El indomable Will Hunting
100. El rey de la colina

A igualdade a través do cine

Neste blogue tedes o texto de Fíos violeta, unha moi interesante, e moi completa, unidade didáctica para traballar a igualdade a través do cine. Tamén atoparedes máis materiais útiles, como vídeos.

A unidade didáctica está tamén ó voso dispor na biblioteca de secundaria.

.

Revistas científicas

Neste portal do CSIC, e-revistas, hai publicacións científicas españolas e latinoamericanas para tódolos gustos.
Que vos aproveite!

As mulleres tamén traballamos



O sindicato STEG ven de presentar novas unidades didácticas (infantil, primaria e secundaria) para o Día da Muller Traballadora (8 de marzo). Son unidades moi completiñas que nos fan reflexionar sobre a situación actual da muller no mundo do traballo. 
Recomendadas!

Cine y educación

Mucho más que cine es un equipo que diseña proyectos educativos utilizando el cine como herramienta de sensibilización y acercamiento a las diferentes culturas siempre desde una perspectiva interdisciplinar.

 Una web imprescindible

Cambiando os paradigmas

Ken Robinson, experto en educación e creatividade, analiza neste vídeo o sistema de educación público, derivado dos esquemas da revolución industrial, e propón o cambio dos paradigmas que o sosteñen. É unha charla moi interesante, pero tes máis do mesmo autor en youtube.com


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...