O blogue da biblioteca do CPI da Ribeira

Titorial de Glogster: murais online

Glogster é unha ferramenta que xa leva algún tempo funcionando. Permítenos facer posters ou murais interactivos para colgar en internet. A diferencia dos murais que colgamos nas nosas paredes, nestes podemos introducir tamén audio, vídeo e enlaces www.
Para usalo non precisamos instalar nada no ordenador, pero si darnos de alta na súa web. Hai dous tipos de conta: a normal e a de profes. Se eleximos a de profes poderemos dar de alta ata 200 alumn@s para que el@s tamén podan facer os seus glogsters, pero só na opción de pago. O que diferencia a conta de profe gratuita da normal é que tódolos murais que fagas son privados e ninguén os pode ver se non lles das o enderezo ti. O teu alumnado pode darse de alta en Glogster con calquera das dúas contas, e só precisa un enderezo de correo electrónico.
A pega, en calqueira dos casos, é que Glogster está só en inglés.
Deixámosvos un titorial feito por Marisa de Dios (EOI de Valencia) e os enlaces a Glogster (o normal) e edu.glogster (o de profes):



TRUCO importante: Glogster NON permite escribir caracteres acentuados. Para incluir acentos, tes que escribir o texto fóra de Glogster (en calqueira programa de edición de textos), copialo e pegalo no teu mural Glogster coa fonte Arial.
Se tedes dúbidas, xa sabedes onde estamos!

Ferramentas para o profe 2.0

No blogue de Xarxatic atopamos unha listaxe das 10 ferramentas imprescindibles para o docente do presente (segundo o C4LPT) xunto coas súas descricións, manuais, titoriais, etc. Unha entrada moi valiosa para aprender que son e como usalas. As ferramentas son:

  1. Twitter
  2. YouTube
  3. GoogleDocs
  4. Skype
  5. WordPress
  6. Dropbox
  7. Prezi
  8. Moodle
  9. Slideshare
  10. EDU Glogster
Nos próximos días publicaremos unha entrada sobre Glogster e unha introducción a Popplet, asi que estade atentos.
Mentras tanto, recomendamos que leades esa entrada e visitedes tamén un novo enlace do menú lateral: Jaque al profe 1.0, o blogue que todo profe 2.0 debería seguir (e outro día falaremos do profe 3.0, que xa está aquí... seica!).

Webdoc: murais multimedia online

Hai varias ferramentas para facer murais (ou posters) multimedia en internet. Neses murais podemos poñer texto e fotos, coma nos que poñemos na parede, pero tamén enlaces, vídeos, música... En próximas datas falaremos de Glogster, a web máis coñecida para facelos, pero hoxe queremos falar do que nos parece o máis completo e máis fácil de todos: webdoc.

A mellor introducción é ver un exemplo que ten un pouco de todo para que vexades as opcións que ofrece. Facendo clic nos elementos podemos ver o vídeo, navegar na web da Xunta, ver o collage de fotos, escoitar unha canción...




Como veredes, é unha gran ferramenta para ir metendo cousas que atopamos por internet e/ou subir os nosos propios contidos. E para que? Pois para darlle información ó alumnado (en vez dunha fotocopia), poñerlles traballo individual/en grupo (o feito de que se poidan facer comentarios sobre o mural ou compartilo cun grupo limitado de persoas facilita a labor), facer presentacións, ou para que eles fagan traballos un pouquiño máis interesantes que as clásicas presentacións de diapositivas.
O uso é moi sinxelo e en seguida estaremos creando murais moito máis bonitos e interesantes que o de exemplo :-) e, ademais, moi rápido.
As únicas desventaxas que ten con respecto a Glogster é que Webdoc non ten unha galería de debuxos para adornar o noso mural coma ten o outro, nin é posible editar un mural unha vez publicado, pero esperemos que sigan mellorándo, xa que polo momento está en fase de probas (beta). Por outra banda, e ó seu favor, si permite escribir caracteres acentuados (mentras que Glogster non).
Tedes aquí un pequeno titorial en vídeo, pero de verdade que vos aconsellamos que abrades unha conta e empecedes a fuchicar.

Educatube

Engadido un novo enlace ó listado que está na columna da dereita: educatube.es un portal con vídeos educativos de todo tipo e tódalas materias.


Día dos Dereitos Humanos

O 10 de decembro celébrase a aprobación da Declaración universal dos dereitos humanos.
Se queredes traballala na aula, aquí tedes materiais (se non o vedes ben, ide a este enlace):


Día da Constitución

Para traballares ese día na aula, aquí tedes materiais (se non o vedes ben, tédelo aquí):




Un arma cargada de futuro

La poesía en las aulas, un artículo de El tiramilla.

Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...