Van xa 50 anos dende que Neira Vilas publicou Memorias dun neno labrego dende moi lonxe de Galicia. O máis bonito é que Balbino segue falando coma nós, e segue falándonos a nós.
"Citius, altius, fortius". Proxecto de centro no CPI da Ribeira, 2015-16.
Isto das folgas e manifestacións secundadas por uns e non por outros e viceversa, e as plataformas varias en defensa do ensino (unha galega, a outra de Galicia) e a tremenda falta de unidade que se ve, fai que moitos profes esteamos máis que fartiños da situación. Se non fose algo serio, sería tan cómico como esta escea de A vida de Brian:
Por outra banda, na biblioteca estamos a traballar e a preparar unha expo sobre as mulleres no mundo da música, do mesmo xeito que o ano pasado falamos de pintoras e escultoras. Se vos interesa o tema, velaquí varios enlaces moi bos:
- CEIP de Palmeira (Alma Mahler, Clara Schumann, Hildegard von Bingen, Mercedes Peón, Victoria de los Ángeles)
E se aínda non te manexas ben co cacharro, aquí tes un curso completo (27 vídeos) para aprender a usar o Smart Notebook 10 (que é o programa que usamos nós nos EDI).
Pensando no 25 de novembro, Día internacional contra a violencia de xénero, a biblioteca do CEIP Víctor Sáenz recopilou unha boa cantidade de recursos para a aula: unidades didácticas, cancións, curtas, pelis... Recomendamos ver o material máis o glogster que fixemos para o blogue da biblioteca.
Neste blogue tedes o texto de Fíos violeta, unha moi interesante, e moi completa, unidade didáctica para traballar a igualdade a través do cine. Tamén atoparedes máis materiais útiles, como vídeos.
A unidade didáctica está tamén ó voso dispor na biblioteca de secundaria.
Ken Robinson, experto en educación e creatividade, analiza neste vídeo o sistema de educación público, derivado dos esquemas da revolución industrial, e propón o cambio dos paradigmas que o sosteñen. É unha charla moi interesante, pero tes máis do mesmo autor en youtube.com
Agradeceríamos que dediques un minuto a contestar unha enquisa sobre a biblioteca e as actividades que fixemos este curso. Moitas grazas! Fai clic AQUÍ