A editorial Xerais acaba de publicar un novo libro sobre Valentín Paz Andrade, a quen se lle adica o Día das Letras Galegas este ano.
Da man de Charo Portela e das ilustracións de Jaime Asensi, este libro relata de forma amena e detallada a vida de Valentín Paz
Andrade. As súas actividades como avogado, empresario, especialista en
temas pesqueiros, político, poeta ou xornalista son presentadas por
medio de documentos, fotografías e unha completa cronoloxía, xunto cunha antoloxía da súa obra.
PORTELA YÁÑEZ, Charo. Valentín Paz Andrade. Biografía e antoloxía. Vigo: Edicións Xerais de Galicia, 2012. ISBN 978-84-9914-331-6. Colección Merlín.
No hay comentarios:
Publicar un comentario