O grupo de traballo "Organización e dinamización da biblioteca a través do Meiga e do blogue. Clube de lectura virtual" xa remata. Cómpre que tódolos seus membros avalíen o proceso de traballo cubrindo a enquisa elaborada para tal fin.
O blogue da biblioteca do CPI da Ribeira
Aínda que pareza mentira é posible. Fai clic na foto para ler máis. (Foto orixinal de Ryan Greenberg)
Van xa 50 anos dende que Neira Vilas publicou Memorias dun neno labrego dende moi lonxe de Galicia. O máis bonito é que Balbino segue falando coma nós, e segue falándonos a nós.
"Citius, altius, fortius". Proxecto de centro no CPI da Ribeira, 2015-16.
As redes sociais poden converterse en canles de comunicación entre escola, sociedade e familia para, deste xeito, contribuír a crear unha institución aberta, actualizada e partícipe das características da sociedade e os seus problemas. Do que se trata é de aproveitar os vínculos que xera o uso de redes sociais para fortalecer a interacción entre as institucións educativas e o resto de axentes sociais. Desta maneira, conseguirase ofrecer unha axuda ao alumnado para coñecer as oportunidades do mundo laboral, educativo, de lecer e a desenvolver destrezas para tomar decisións de cara a organizar a propia vida profesional .
Consciente desta realidade e destas necesidades, a Asociación Socio-Pedagóxica Galega (AS-PG) pon á disposición do profesorado, e tamén das familias, esta REDE SOCIAL que ten como obxectivos o intercambio de experiencias e de recursos e conta ademais cun A.V.E (ambiente virtual de aprendizado).Poñemos en marcha esta rede por varias razóns.
• A primeira porque cremos que as redes sociais poden empregarse como ferramentas de grande potencial para facilitar a aprendizaxe e a interacción social, especialmente nunha sociedade caracterizada por un constante fluxo de información onde a aprendizaxe non se basea na apropiación de coñecementos, senón nun proceso de construción do coñecemento entre o alumnado e a súa contorna nun proceso no que se aprende, como en moitos xogos tradicionais, conectando os coñecementos xa existentes mentres creamos os novos.
• En segundo lugar porque as características sociais actuais esixen un repensar o concepto de educación para o considerar un proceso polo cal a persoa adquire unha serie de competencias chave que lle van permitir adaptarse de modo flexible a un mundo que está a cambiar con rapidez e mostra múltiples interconexións. Dúas desas competencias chave xa foron destacadas polo Parlamento e o Consello Europeo. Son , en primeiro lugar, a competencia dixital, baseada no uso de computadores para obter, avaliar, almacenar, producir, presentar e intercambiar información, así como para comunicarse e participar en redes de colaboración a través de Internet e, en segundo lugar, a capacidade de aprender a aprender, é dicir, a habilidade para iniciar a aprendizaxe e persistir nela, para organizar a súa propia aprendizaxe e xestionar o tempo e a información eficazmente, xa sexa individualmente ou en grupos.
• E en terceiro lugar porque é preciso ofrecer ao profesorado galego e ás familias espazos de intercambio de opinións e traballo colaborativo na nosa lingua. Como movemento de renovación pedagóxica pereceunos importante pór en marcha esta iniciativa porque non queremos permanecer á marxe do que acontece na sociedade.
Neste artigo de Totem Guard, 10 xeitos interesantes de usar Google Art Project nas nosas aulas (e non só nas clases de arte e plástica!).
Que non sabes que é iso de Google Art? Ven sendo un supermuseo virtual e interactivo onde podes ver obras de algúns museos de todo o mundo e achegarte a elas coma se estiveses co naris pegado ó cadro. Pincha aquí, move a roda do rato e verálo cos teus ollos.