O blogue da biblioteca do CPI da Ribeira

Aberta a convocatoria de premios Edublog

Gracias ó chivatazo de María, avisámosvos que ata o 20 de abril podemos presentarnos ó concurso de blogues educativos VI Premio Espiral Edublogs. Dentro do concurso hai varias categorías: blogues de profes, de alumnado, de asociacións de pais, de centros, de bibliotecas... A condición principal é que teñan "un marcado carácter pedagóxico, didáctico ou educativo". Tedes as bases aquí, e xa que estamos imos presentarvos algúns dos primeiros premios do ano pasado:


- Blogues de alumnos/as: Aula Oberta
- Blogues colectivos: Poemario colectivo "Poesía eres tú"
- Blogues de biblios escolares: Biblioteca Viva
- Blogues de centro: Our English blog
- Blogues de profes: Recursos para a educación especial

Ó servicio da cidadanía

Non cabe dúbida de que as forzas de seguridade teñen como misión protexer a cidadanía. Pero ás veces parece que perden o norte...

El Roto


Por dicilo dun xeito máis poético, imos recurrir a Rafael Alberti:

  Se equivocó la paloma,
se equivocaba.
   Por ir al norte fue al sur,
creyó que el trigo era el agua.
   Creyó que el mar era el cielo
que la noche la mañana.
   Que las estrellas rocío,
que la calor la nevada.

Testemuñas do 23-F


Tal día como hoxe, fai 31 anos, a BBC informou de que un home vestido de toreiro entrara, pistola en man, no Congreso. Neste enlace tedes un documento con entrevistas a algúns protagonistas do que ocurriu ese día no Congreso e na televisión: ó director xeral de RTVE da época, o xefe de informativos, o diputado Eduard Punset e algúns periodistas.

Aquí tedes unha web que nos pregunta que facíamos nós no momento do golpe de estado, na que os internautas van contando (como se na época houbese Twitteres ou Facebooks) minuto a minuto o que pensaron, o que viron, o que viviron. Interesante como curiosidade.

E para os adictos ás conspiranoias, un artigo (bastante suave) sobre as incógnitas do golpe.


Para o entroido



A coordinadora galega de equipos de normalización ten publicados un montón de recursos sobre o entroido na súa web. Non deixedes de visitalos!

Homenaxe da Xunta a Díaz Pardo




A Xunta fará hoxe mércores unha homenaxe a Isaac Díaz Pardo na biblioteca da Cidade da Cultura (á que algúns queren poñer o nome do galeguista).
(Na súa web non indican a hora, pero igual buscando por aí...)

A modo de homenaxe, incluímos un brevísimo percorrido pola obra gráfica de Díaz Pardo:


"O concerto de zanfona", 1946

"A barca de Caronte", 1955


"Recollendo mortos", 1955


"Xente alporizada", 1964


"Xentes que van a combater aos zorros", 1973


Related Posts Plugin for WordPress, Blogger...